O río Pedras é un curso fluvial da península do Barbanza. Nace na serra do Barbanza e desemboca na ría de Arousa.

Descrición O río Pedras nace na serra do Barbanza e desemboca na ría de Arousa, entre as parroquias de Posmarcos e Lesón (A Pobra do Caramiñal). Na sección onde o río está situado na área montañosa de Curota forma fervenzas e caídas con múltiples marmitas de xigantes.

Patrimonio Na zona da Aldea Vella hai diversos antigos muíños de auga abandonados.

Galería

Notas

Bibliografía Bouza Brey, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, páx. 153-204. Gran Enciclopedia Galega Laredo Verdejo, X.L. (1993): A Pobra do Caramiñal. Guía. S.L., Concello da Pobra do Caramiñal.

Categoría:Ríos da provincia da Coruña