Tatum Beatrice O'Neal, nada nos Ánxeles o 5 de novembro de 1963, é unha actriz e escritora estadounidense. É a persoa máis nova que gañou un Oscar nunha categoría competitiva, ao gañar con dez anos o Oscar á mellor actriz secundaria por Lúa de papel, protagonizada polo seu pai, Ryan O'Neal.

Traxectoria

O’Neal naceu nos Ánxeles, filla dos actores Ryan O'Neal (1941–) e Joanna Moore (1934–1997), cos que apareceu en varios filmes e programas de televisión. O seu irmán Griffin naceu en 1964 e en 1967 divorciáronse os seus pais. Tatum ten outros dous medio irmáns.

En 1974, aos dez anos, Tatum O’Neal gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Lúa de papel, estreada en maio de 1973, e converteuse na persoa máis nova en gañar un Oscar en categoría competitiva. Tamén apareceu despois en filmes coma International Velvet (1978) con Christopher Plummer e Anthony Hopkins ou Nickelodeon (1976) de novo co seu pai.

Entre 1984 e 1999 só apareceu en cinco filmes. A partir dos principios da década do 2000 comezou a actuar de novo, aparecendo en series de televisión como Sex and the City e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter. En 2006 participou na segunda temporada do reality show Dancing with the Stars.

Vida privada Un dos primeiros noivos públicos de O’Neal foi Michael Jackson, con quen saíu na década de 1970.

En 1984 comezou unha relación co tenista John McEnroe, co que casou en 1986. Separáronse en 1992. Tralo divorcio, en 1994, O’Neal volveu a ter problemas coas drogas e fíxose adicta á heroína. Como resultado, McEnroe logrou a custodia dos tres fillos en 1998.

O 1 de xuño de 2008 foi arrestada por comprar crack preto do seu piso en Manhattan. Cando a policía foi buscala atopou outras dúas bolsas con drogas. Foi acusada dun delito menor e liberada sen fianza.

En 2011 Tatum e o seu pai reiniciaron a súa rota relación pai-filla tras vinte e cinco anos. A reunión e reconciliación foi recollida na serie Ryan and Tatum: The O'Neals.

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Notas 1973 Lúa de papel Addie Loggins 1976 The Bad News Bears Amanda Whurlitzer Nickelodeon Alice Forsyte 1978 International Velvet Sarah Brown 1980 Circle of Two Sarah Norton Little Darlings Ferris Whitney 1981 Prisoners Christie Sen estrear 1985 Certain Fury Scarlet 1992 Little Noises Stella 1996 Basquiat Cynthia Kruger 2002 The Scoundrel's Wife Camille Picou Título de vídeo: The Home Front 2003 The Technical Writer Slim 2006 My Brother Erica 2008 Saving Grace B. Jones Grace B. Jones Fab Five: The Texas Cheerleader Scandal Lorene Tippit 2010 The Runaways Marie Harmon Last Will Hayden Emery Sweet Lorraine Lorraine Bebee Mr. Sophistication Kim Waters 2015 She's Funny That Way

Televisión Ano Título Personaxe Notas1984Faerie Tale TheatreGoldilocks"Goldilocks and the Three Bears"1989CBS Schoolbreak SpecialKim"15 and Getting Straight"1993Woman on the Run: The Lawrencia Bembenek StoryLawrencia Bembenek2003Sex and the City Kyra"A Woman's Right to Shoes"20048 Simple RulesMs. McKenna"Opposites Attract: Part 3: Night of the Locust"Law and Order: Criminal IntentKelly Garnett"Semi-Detached"2005Ultimate Film FanaticXuíz2005–2011Rescue MeMaggie2006Dancing with the StarsEla mesma5 episodiosWicked Wicked GamesBlythe Hunter51 episodios2011Ryan and Tatum: The O'NealsEla mesma2015Hell’s Kitchen Ela mesmaEpisodio 13

Notas

Véxase tamén Bibliografía Autobiografía de Tatum O'Neal: A Paper Life. ISBN 0-06-054097-4. Ligazóns externas

When Young Stars Burn Out MSN Movies O'Neal aceptando o Oscar aos dez anos – 2 de abril de 1974 en YouTube

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1963 Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América