O Cabido de Fuerteventura (en castelán: Cabildo de Fuerteventura) é o órgano de goberno da illa de Fuerteventura, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa. A xurisdición do cabido tamén inclúe á illa de Lobos.

O seu presidente dende 2003 é Mario Cabrera González, de Coalición Canaria.

Consellarías Na actualidade, para desempeñar as súas funcións, o Cabido de Fuerteventura conta coas seguintes consellarías (consejerías):

Presidencia, Comercio, Rede de Museos, Relacións Institucionais e con outras Administracións, Cooperación Internacional. Augas, Residuos e Ordenación do Territorio. Asuntos Sociais, Sanidade, Consumo, Vivenda e Inmigración. Cultura e Patrimonio Histórico. Deportes e Caza. Industria, Enerxía, Actividades Clasificadas e Espectáculos Públicos. Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías. Agricultura, Gandaría e Pesca. Medio e Infraestruturas. Educación e Xuventude. Seguridade e Emerxencias. Réxime Interior, Persoal e Patrimonio. Transportes e Comunicacións. Turismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Cabido de Fuerteventura

Fuerteventura Categoría:Fuerteventura