O Estadio Tofiq Bahramov (en ) é un estadio multisusos situado na cidade de Bacú, a capital de Azerbaidján. É un estadio deseñado para albergar moitos tipos de eventos diferentes, pero case só se utiliza para partidos de fútbol. Este estadio acolle os partidos como local do FK Qarabağ e anteriormente tamén da selección de fútbol de Azerbaidján, que posteriormente se mudou ao novo Estadio Nacional de Bacú. O estadio conta cunha capacidade de 31.200 espectadores.

Historia O estadio foi construído no ano 1951 usando man de obra dos prisioneiros de guerra alemáns. Dende o ano 1993, o estadio leva o nome de Tofiq Bahramov, un árbitro azerí da época da URSS que se fixo famoso na final do Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 no estadio de Wembley (na que foi o xuíz de liña) por conceder ao inglés Geoff Hurst o 3-2 no minuto 11 da prórroga ante Alemaña Federal.

Véxase tamén Ligazóns externas O estadio en Baku 2015

Categoría:Estadios de fútbol de Azerbaidján Categoría:Xogos Europeos de 2015 Categoría:Edificacións de Bakú