Constantino Saqués Pereira, máis coñecido como Tino Saqués, nado o 22 de decembro de 1961 en Lugo, é un empresario galego.
Traxectoria
Administrador da empresa Frisaqués S.L. Foi máximo accionista do Club Deportivo Lugo e exerceu como o vixésimo terceiro presidente do club desde o 2015 (tras substituír no cargo a José Bouso) ata o 2025. Dos seus 10 anos de presidencia, o club militou os oito primeiros de xeito consecutivo na Segunda División, antes de descender en 2023 á Primeira Federación. En 2025 vendeu o club a un grupo empresarial encabezado polo exfutbolista peruano Ronald Baroni, propietario tamén do Celaya mexicano.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes do CD Lugo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes