Yuri de Souza Fonseca, nado en Maceió (Alagoas) o 8 de agosto de 1982, é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro centro. Amplamente considerado como o mellor e máis emblemático xogador na historia da Ponferradina, é o futbolista con máis partidos disputados co club berciano (511), así como o seu máximo goleador histórico (197).

É irmán do tamén futbolista Igor de Souza e curmán do ex xogador Charles Dias, cos que coincidiu no mesmo equipo na súa época no Pontevedra.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol en Portugal, onde viviu dende os cinco anos de idade. Formouse nas categorías inferiores do FC Maia, debutando co primeiro equipo no ano 2000. Xa comezada a tempada 2002/03 foi traspasado ao Boavista FC, co que remataría o curso, e nos dous seguintes anos foi cedido ao Gil Vicente FC e ao Estoril Praia.

Faltándolle un ano de contrato co equipo portugués, decidiu rescindilo e buscar equipo na liga española. Así no verán de 2005 fichou polo Pontevedra CF, no que militou ata 2009 na Segunda División B Española salvo un ano que estivo cedido no UD Las Palmas na categoría de prata. No club galego coincidiu co seu irmán Igor e o seu curmán Charles, formando un histórico tridente ofensivo que marcou 89 goles en dous anos.

De cara á tempada 2009–10 fichou pola SD Ponferradina, en Segunda División B. Durante os seguintes anos converteuse no futbolista máis importante da historia do club berciano, disputando máis de 500 partidos e superando a Marcos Tyrone como o máximo goleador histórico do equipo.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no estado de Alagoas Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do FC Maia Categoría:Xogadores do Boavista FC Categoría:Xogadores do Gil Vicente Futebol Clube Categoría:Xogadores do GD Estoril Praia Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores da SD Ponferradina