Fátima Abal Roma, nada en Cambados en 1978, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciada en Dereito, é concelleira en Cambados polo PSdeG-PSOE dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cambados e foi elixida alcaldesa co apoio de BNG, Somos Cambados e Cambados Pode. Nas municipais de 2019 foi reelixida rexedora, desta volta co apoio de Somos Cambados.

É presidenta da I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia contra a violencia de xénero contra a violencia de xénero, vogal e membro da Comisión de Igualdade na FEMP en Madrid e coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE no Salnés. Impulsou o primeiro Simposio Internacional LGTBI de Galicia que se segue a celebrar na actualidade todos os meses de outubro.

En xaneiro de 2019 anunciouse a súa investigación por un posible caso de malversación,, se ben a Fiscalía determinou, logo da investigación, que era inocente e o delito polo que se lle acusaba inexistente.

En xaneiro de 2022 renunciou á alcaldía por motivos de saúde. Tras a súa renuncia a alcaldía segue a exercer como concelleira de igualdade e crea a Escola de Apoderamento Feminino Dolores del Valle para dar visibilidade e voz ás mulleres cambadesas. Ostenta, ademais, as Concellerías de Educación e Infancia, Mar, Muller e Diversidade. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cambados

Ligazóns externas «Foron catro anos de ataques moi sucios, pero que me fixeron moito máis forte», entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Avogados de Cambados Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1978