Igor de Souza Fonseca, nado o 19 de febreiro de 1980 en Maceió é un futbolita brasileiro con pasaporte portugués que xoga na demarcación de dianteiro centro. É irmán do tamén futbolista Yuri de Souza e curmán do ex xogador do Celta de Vigo Charles Dias, cos que coincidiu no Pontevedra CF.
Traxectoria Ao igual que o seu irmán desenvolve a maior parte da súa carreira en Portugal. Comezou xogando no Bragança e posteriormente no Clube Desportivo das Aves, Marialvas, Gondim e Pedrouços. Empezou a destacar no FC Maia, onde coincidiu co seu irmán e onde logrou os seus mellores rexistros goleadores chegando a anotar 26 goles nunha tempada.
No verán de 2002 fichou polo Sporting Clube de Braga, porén non acada continuidade no equipo e enlaza sucesivas cesións, no Vitória FC, CF Estrela da Amadora e no Pontevedra CF, equipo que finalmente exerce a opción de compra no ano 2011.
Chega cedido a Pontevedra en decembro de 2005 e dende un primeiro momento adaptase ao equipo, onde tamén milita o seu irmán Yuri. Debuta en xaneiro de 2006 ante o Celta de Vigo B, no que anota os tres goles da vitoria granate por 3-1. En apenas media tempada acada a interesante cifra de 15 goles. Ao ano seguinte repetiu cesión no equipo galego pese ao interese doutros equipos de categoría superior. No verán de 2007 o Pontevedra CF exerce a opción de compra.
No 2009 comezou outra época de cesións de pouco éxito, primeiro o Ipatinga FC e despois o Girona FC, Levante UD e CD Tenerife ata que en 2011 fichou pola UD Salamanca. Tras a desaparición da UD Salamanca foise xogar a Grecia, fichando polo Panthrakikos FC.
Categoría:Nados en Maceió Categoría:Nados en 1980 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do FC Maia Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Vitoria FC Categoría:Xogadores do CF Estrela da Amadora Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Ipatinga FC Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Panthrakikos FC