Porfirii Pavlovich InfantevSegundo o sistema oficial ruso. Tamén romanizado como Porfiri Pávlovich Infántiev (Noutro planeta, traducida do ruso ao galego por Irina Stepánova Bolshakova e publicada en 2015) e Porfiry Infantyev. (en ), nado o 19 de febreiro en 1860 nunha localidade da gobernación de Orenburg e finado en 1913 en Novgorod, foi un escritor e xornalista ruso.
Traxectoria Comezou a estudar Dereito na Universidade de Kazán e máis tarde entrou na Universidade de San Petersburgo, onde se sumou ao grupo de intelectuais, liderado por Dimitar Blagoev, próximo ás teses da socialdemocracia. Por último, estudaría na Universidade de Xenebra.
Exerceu como xornalista e etnógrafo, campo este último no que foi moi prolífico, pois ten máis dunha ducia de publicación ao redor das tribos siberianas.
É recordado por ser un dos pioneiros rusos na escrita de literatura de ciencia ficción, grazas ao relato utópico На другой планете (Noutro planeta).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrada do autor en Fantalab.ru
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Nados en Rusia Categoría:Escritores de Rusia