A Carixa é un lugar da parroquia de Castrelo de Miño no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 13 habitantes (6 homes e 7 mulleres).
Para acceder a ela, hai que coller a estrada que vai dende Castrelo de Miño ó concello de Arnoia. É unha zona de aire puro, existindo moitos liques nas árbores preto da estrada. Na primavera e no verán é frecuente ver víboras na estrada. Dende o alto hai unha fermosa vista sobre un pequeno canón do río Miño, ata a xuntanza co río Avia. Lugares e parroquias Lugares de Castrelo de Miño
Parroquias de Castrelo de Miño
Notas
Categoría:Lugares de Castrelo de Miño Categoría:Castrelo de Miño poboación 2011