O Leicester City Football Club, tamén coñecido como the Foxes (do inglés: os Raposos), é un club de fútbol profesional inglés con sede no King Power Stadium de Leicester. Actualmente xoga na Premier League, á que chegaron como campións da Football League Championship na temporada 2013-14, no que supuxo o seu retorno á elite despois dunha década. O club foi fundado en 1884 como Leicester Fosse F.C., debido a que o seu terreo de xogo estaba preto de Fosse Road. En 1891 mudáronse a Filbert Street, alí foron elixidos para a Football League en 1894, adoptando o seu actual nome en 1919. No ano 2002 movéronse ao Walkers Stadium, o cal mudou o seu nome a King Power Stadium tras a chegada de novos propietarios ao club en 2011.
O Leicester gañou a Premier League 2015-16, no que supuxo o seu primeiro título da máxima categoría. Anteriormente a este fito, a súa mellor clasificiación fora un segundo posto en 1928-29. Alén diso, o club posúe sete títulos da segunda división, seis da Second Division e un da Championship, así como un da League One (terceira categoría). Máis aló da competición ligueira, o club gañou en tres ocasións a Football League Cup e foi subcampión da FA Cup outras catro, o que supón o récord de máis finais perdidas sen ter gañado o campionato.
Xogadores Cadro actual Actualizado o 25 de setembro de 2020.Leicester City - First Team
Palmarés
Torneos nacionais Ligas Premier League (1): 2015–16 Football League Championship (7): 1924–25, 1936–37, 1953–54, 1956–57, 1970–71, 1979–80, 2013–14 Football League One (1): 2008-09 Copas Football League Cup (3): 1964, 1997, 2000 Community Shield (2): 1971, 2021
Torneos rexionais
War League South (1): 1942 Midland War Cup (1): 1941
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club