Julio Illade Rilo foi un farmacéutico, político e xornalista galego.

Traxectoria Tiña unha farmacia na rúa Real das Pontes de García Rodríguez. Promoveu e dirixiu o periódico La Unión (1913-1915). En decembro de 1937 foi multado con 10000 pesetas "por anomalías administrativas y actos caciquiles" como consecuencia dunha inspección ao Concello das Pontes na que tamén foron sancionados o alcalde Fernando Fernández Freire, o secretario José Durán Juega e Jesús Cabarcos.El Compostelano, 22-12-1937, p. 2.

Vida persoal

Casou con América López Cabarcos e foi pai de Julia (finada en 1950), Julio José, Casto, Alfonso, Rita, Rodrigo e Manuel Illade López.La Voz de Galicia, 3-10-1950, p. 7. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia