Lydia White Shattuck, nada en East Landoff, Nova Hampshire, o 10 de xuño de 1822 e finada en South Hadley, Massachusetts, en 1889, foi unha botánica estadounidense.

Traxectoria Graduouse no Mount Holyoke no ano 1851. Un ano despois da súa graduación volveu a este centro como mestra de Botánica. Chegou a ser unha eminente botánica, coñecida de xeito internacional. A súa actividade levouna a traballar con botánicos europeos, e foi unha das artífices para conseguir que o seu centro pasara de seminario a facultade, retirándose en 1889, pouco antes de logralo.

Véxase tamén Ligazóns externas A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Nados en Nova Hampshire