Villanueva del Río Segura é un concello español da Rexión de Murcia, situado no Valle de Ricote. Tiña unha poboación de 2.444 habitantes en 2014.
Limita ao norte con Ulea, ao oeste con Ojós, ao sur con Campos del Río, e ao leste con Archena, Alguazas e Ceutí. Está situado a 30 quilómetros da cidade de Murcia.
A súa economía baséase nos cultivos de froiteiros e cítricos (destacando os albaricoques aínda que tamén teñen importancia o limón e a laranxa), en envasado de produtos agrícolas e en industrias derivadas da construción.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos da Rexión de Murcia