O pobo khmer (en lingua khmer: ខ្មែរ) é o grupo étnico predominante de Camboxa, conformando aproximadamente o 90% dos 15,2 millóns de habitantes do país. Falan a lingua khmer, oficial en Camboxa e parte da familia de linguas austroasiáticas, que se atopan polo sueste asiático.

A maioría dos khmer practican o budismo nunha versión moi sincrética, que inclúe elementos budistas Theravada, o hinduísmo, animismo e culto aos devanceiros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Centro de estudos khmer

Categoría:Grupos étnicos de Camboxa