Elizabeth Jane Campion, nada en Wellington o 30 de abril de 1954 é unha directora, produtora e guionista cinematográfica neozelandesa establecida en Australia.
Traxectoria Campion naceu en Wellington, segunda filla de Edith Beverley Georgette Hannah, actriz, escritora e herdeira, e Richard M. Campion, director de teatro e ópera. Campion creceu dentro do mundo do teatro neozelandés. Os seus pais fundaron o grupo de teatro New Zealand Players. Inicialmente rexeitaba a idea de ter unha carreira no teatro ou na interpretación e graduouse en antropoloxía na Universidade de Wellington en 1975. En 1976 asistiu á Chelsea Art School en Londres e viaxou por Europa. Graduouse en pintura na Sydney College of the Arts en 1979. Finalmente cambiou ao cinema e creou a súa primeira curtametraxe, Tissues, en 1980. En 1981 comezou a estudar na Australian Film, Television and Radio School, onde realizou máis curtametraxes e se graduou en 1984.Mark Stiles, "Jane Campion", Cinema Papers, decembro de 1985 p434-435, 471
A súa primeira curtametraxe profesional, Peel (1982) gañou a Palma de Ouro á Curtametraxe no Festival de Cannes.Awards - 1986 , Cannes Film Festival. Consultado o 13 de maio de 2010. Dirixiu neses anos tamén series de televisión e telefilmes.
Sweetie (1989) foi a súa primeira longametraxe e co seguinte, An Angel at My Table (1990), conseguiu máis recoñecemento. A este seguiu a Palma de Ouro que logrou con The Piano, co que ademais gañou o Oscar ao mellor guión orixinal e se converteu na segunda muller candidata ao Oscar á mellor dirección na 66ª edición dos premios.
O traballo posterior de Campion provocou opinións polarizadas: The Portrait of a Lady (1996), baseada na novela de Henry James; Holy Smoke! (1999) con Harvey Keitel e Kate Winslet; In the Cut (2003), suspense erótico baseado no best-séller de Susanna Moore protagonizado por Meg Ryan; Bright Star, drama biográfico sobre o poeta John Keats.
Campion foi produtora executiva do documental Abduction: The Megumi Yokota Story (2006) e traballou na serie Top of the Lake. A miniserie conseguiu gran recoñecemento http://www.rottentomatoes.com/tv/top-of-the-lake/http://www.metacritic.com/tv/top-of-the-lake e gañou premios, especialmente para a súa protagonista, Elisabeth Moss.
Filmografía Directora Tissues (1980) Mishaps: Seduction and Conquest (1981) Peel: An Exercise in Discipline (1982) Passionless Moments (1983) A Girl's Own Story (1984) After Hours (1984) Dancing Daze- serie de televisión (1985) Two Friends (1986) Sweetie (1989) An Angel at My Table (1990) The Piano (1993) Portrait of a Lady (1996) Holy Smoke! (1999) In the Cut (2003) 8 - segmento The Water Diary (2006) Bright Star (2009) Top of the Lake - miniserie (2013) The Power of the Dog (2021)
Produtora Soft Fruit (2000) Abduction: The Megumi Yokota Story (2006)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cheshire, Ellen: Jane Campion. Londres: Pocket Essentials, 2000. Fox, Alistair: Jane Campion: Authorship and Personal Cinema. Bloomington–Indianápolis: Indiana University Press, 2011. ISBN 978-0-253-22301-2. Gillett, Sue: 'Views for Beyond the Mirror: The Films of Jane Campion.' St.Kilda: ATOM, 2004. ISBN 1 876467 14 2 NLA citation Hester, Elizabeth J.: Jane Campion: A Selective Annotated Bibliography of Dissertations and Theses. ISBN 978-1-4848-1838-1, ISBN 1-4848-1838-5. Jones, Gail: 'The Piano.' Australian Screen Classics, Currency Press, 2007. Margolis, Harriet (ed): 'Jane Campion's The Piano.' Cambridge University Press, 2000. McHugh, Kathleen: 'Jane Campion.' Urbana e Chicago: University of Illinois Press, 2007. Radner, Hilary, Alistair Fox e Irène Bessière (eds): 'Jane Campion: Cinema, Nation, Identity.' Detroit: Wayne State University Press,2009. Verhoeven, Deb: Jane Campion. Londres: Routledge, 2009. Wexman V. W.: Jane Campion: Interviews. Roundhouse Publishing. 1999.
Ligazóns externas Jane Campion's Agent
Jane Campion Bibliography (vía UC Berkeley Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Campion, Jane en The Encyclopedia of Women and Leadership in Twentieth-Century Australia
Categoría:Directores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Nados en Wellington Categoría:Nados en 1954 Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal