Jennifer Kate Hudson, nada en Chicago (Illinois) o 12 de setembro de 1981, é unha cantante e actriz estadounidense.
Traxectoria Comezou a cantar aos sete anos no coro da igrexa, ademais de facer teatro comunitario. En xaneiro de 2002 asinou un contrato coa compañía independente Righteous Records, mais foi liberada do contrato para que puidese participar no concurso American Idol en 2004. Entrou na terceira temporada do concurso o 6 de abril e foi eliminada dúas semanas despois.
En novembro de 2005 foi contratada para o papel de Effie White no filme Dreamgirls, baseado no musical homónimo, que supuxo o seu debut no cinema. En novembro de 2006 asinou un novo contrato con Arista Records.
Co papel de Effie White, Hudson gañou en 2007 vinte e nove premios cinematográficos, entre eles o Oscar á mellor actriz secundaria. O seu primeiro álbum de estudio, Jennifer Hudson, foi publicado en setembro de 2008.
En outubro de 2008 a súa nai, Darnell Donnerson, de 57 anos, e o seu irmán, Jason, de 29 foron atopados mortos na casa que Donnerson compartía coa outra irmá, Julia, e o seu sobriño, Julian King, de 7 anos estaba desaparecido. Tres días despois o FBI atopou o corpo do neno. Willian Balfour, ex marido de Julia, foi acusado dos tres cargos de asasinato.
En 2010 converteuse na voceira de Weight Watchers.
Discografía Jennifer Hudson (2008) I Remember Me (2011) JHUD (2014)
Filmografía + Cinema Ano Título Personaxe Notas 2006 Dreamgirls Effie White 2008 Sex and the City Louise 2008 The Secret Life of Bees Rosaleen Daise 2009 Winged Creatures | Kathy Archenault |Tamén coñecida como Fragments|- | 2011 | Winnie Mandela| Winnie Mandela
| 2012 | The Three Stooges| Sister Rosemary
| 2013 | The Inevitable Defeat of Mister & Pete| Gloria
| 2013 | Black Nativity| Naima
| 2014 | Lullaby| Nurse Carrie
| 2016 | Chiraq''
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Illinois Categoría:Cantantes de Illinois Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1981 Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana