Ghost Stories é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Coldplay. Co-producido con Paul Epworth xunto con Daniel Green e Rik Simpson, foi lanzado por Parlophone o 16 de maio de 2014. En Norte América foi lanzado por Atlantic Records o 19 de maio de 2014. Foi o primeiro álbum da banda estreado en Norte América con Atlantic, despois de que Coldplay fose transferido dende Capitol Records America en 2013.
O álbum foi gravado ó longo de 2013 e 2014 en estudios de Londres e Os Ánxeles. Conta con colaboracións de Avicii, Timbaland e Madeon, e dun colaborador frecuente coa banda, Jon Hopkins. Este traballo tivo cinco sinxelos: "Magic", "Midnight", "A Sky Full of Stars", "True Love" e "Ink".
Lista de cancións
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial de Coldplay
Categoría:Álbums de Coldplay Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums de Parlophone