Antonio Campillo Medina, nado o 16 de decembro de 1990 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Traxectoria Nado en Madrid, Antonio Campillo formouse nos xuvenís do Club Atlético de Madrid da súa cidade natal, onde na temporada 2009-10 pasa formar parte do segundo equipo "colchoneiro" da Segunda División B. Alí permanecería un ano, sendo fichado polo Getafe CF B da mesa categoría. No equipo madrileño permanece temporada e media, até que asina pola Unión Deportiva Melilla, equipo que ese ano ten como obxectivo o ascenso á Segunda División. No equipo norteafricano xogaría 10 partidos, anotando dous goles. Ao final da temporada asina polo Collado Villalba da Terceira División, onde tras anotar 8 goles, chama a atención do Rayo Vallecano, que o ficha para o seu filial. Co equipo de Vallecas consegue o ascenso á Segunda B, onde chama ás portas do primeiro equipo tras anotar 13 goles xogando como centrocampista. Porén, o Club Deportivo Lugo anuncia a súa contratación por dúas temporadas o 3 de xullo de 2015 para xogar na Segunda División, sendo a segunda fichaxe do club galego para a temporada 2015-16.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesAtlético de Madrid CTerceira2008-2009337Atlético de Madrid BSegunda B2009-2010180Getafe BSegunda B2010-201170Getafe BSegunda B2011-201250UD MelillaSegunda B2012102Collado VillalbaTerceira2012-2013339Rayo Vallecano BTerceira2013-2014235Rayo Vallecano BSegunda B2014-20153813LugoSegunda2015-2016360LugoSegunda2016-2017413LugoSegunda2017-2018292LugoSegunda2018-2019211
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en La Preferente
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Getafe CF B Categoría:Xogadores do CU Collado Villalba Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do CD Lugo