Joseph Levitch, coñecido como Jerry Lewis, nado en Newark (Nova Jersey) o 16 de marzo de 1926 e finado en Las Vegas o 20 de agosto de 2017, foi un cómico, actor, cantante, produtor, guionista e director estadounidense. É coñecido polo seu humor slapstick no cinema, a televisión, a radio e o teatro. Orixinalmente formou parella artística con Dean Martin.

Durante máis de corenta anos Lewis foi o presentador do maratón televisivo da asociación de distrofia muscular.

Traxectoria Lewis naceu en Nova Jersey nunha familia de orixe xudía rusa. O seu pai, Daniel Levitch, era presentador de vodevil e a súa nai, Rachel ("Rae") Levitch (Brodsky), tocaba o piano nunha emisora de radio.In Person, p. 12 Lewis comezou a actuar aos cinco anos e aos quince xa creara o seu "Record Act", no que interpretaba con mímica esaxeradamente as letras das cancións dun fonógrafo. Utilizou inicialmente o nome artístico de Joey Lewis, mais cambiouno para evitar confusións co cómico Joe E. Lewis e o boxeador Joe Louis.In Person, p. 85

Conseguiu a fama co cantante Dean Martin no equipo cómico Martin and Lewis durante a década de 1940. A finais da década xa eran coñecidos en toda a nación, primeiro polas interpretacións en clubs nocturnos e despois co seu propio programa de radio. Debutaron na televisión o 20 de xuño de 1948 no programa de Ed Sullivan e comezaron no cinema en 1949 con My Friend Irma.

Porén, as personaxes de Martin nos filmes ían sendo cada vez menos importantes e finalmente a parella acabou rompendo o 24 de xullo de 1956, seguindo ambos os dous as súas carreiras en solitario con éxito. Tras algunhas aparicións xuntos reconciliáronse en 1987 trala morte do fillo de Martin e en 1989 actuaron xuntos no teatro por última vez.

Trala ruptura, Lewis permaneceu na Paramount e converteuse nunha estrela da comedia a partir do seu primeiro filme en solitario, The Delicate Delinquent (1957).

En 1960 o atraso da estrea de Cinderfella levou á Paramount a pedirlle un filme propio e Lewis debutou como director con The Bellboy. A este seguiron outros filmes coescritos con Bill Richmond.

A partir de 1966 deu clases de dirección na Universidade do Sur de California nos Ánxeles; entre os seus alumnos estiveron Steven Spielberg e George Lucas.Jerry Lewis: TV Guide Biography Interveu tamén en musicais, debutando en Broadway en 1994 con Damn Yankees, coreografado por Rob Marshall.

En 1983 protagonizou The King of Comedy, de Martin Scorsese.

Filmografía Filmes de Martin e Lewis Ano Filme Personaxe Notas 1949 My Friend Irma Seymour 1950 My Friend Irma Goes West Seymour 1950 At War with the Army PFC Alvin Korwin 1951 That's My Boy 'Junior' Jackson 1952 Sailor Beware Melvin Jones 1952 Jumping Jacks Hap Smith 1952 Road to Bali 'Woman' in Lala's Dream Cameo 1952 The Stooge Theodore Rogers Coguionista sen acreditar 1953 Scared Stiff Myron Mertz 1953 The Caddy Harvey Miller, Jr. 1953 Money from Home Virgil Yokum Filmado en 3-D 1954 Living It Up Homer Flagg 1954 3 Ring Circus Jerome F. Hotchkiss Reestreado en 1978 como Jerrico The Wonder Clown 1955 You're Never Too Young Wilbur Hoolick 1955 Artists and Models Eugene Fullstack 1956 Pardners Wade Kingsley Sr/Wade Kingsley Jr. 1956 Hollywood or Bust Malcolm Smith Filmes de Lewis {| class="wikitable" width=82% |- ! width=2%|Ano !! width=20%|Filme !! width=20%|Personaxe !! width=30%|Notas |- | 1957 || The Delicate Delinquent || Sidney L. Pythias || |- | 1957 || O recruta Bixby || Private Meredith Bixby || |- | 1958 || Rock-A-Bye Baby || Clayton Poole || |- | 1958 || The Geisha Boy || Gilbert Wooley || |- | 1959 || Non abandóne-lo barco || John Paul Steckler I, IV, and VII || |- | 1959 || Li'l Abner || Itchy McRabbit || Cameo |- | 1960 || Visita a un pequeno planeta || Kreton || |- | 1960 || The Bellboy || Stanley / El mesmo || Tamén director |- | 1960 || Cinderfella || Cinderfella || |- | 1961 || The Ladies Man || Herbert H. Heebert / Mama Heebert || Tamén director |- | 1961 || The Errand Boy || Morty S. Tashman || Tamén director |- | 1962 || It's Only Money || Lester Marsh || |- | 1963 || The Nutty Professor || Professor Julius Kelp / Buddy Love / Baby Kelp || Tamén director |- | 1963 || O mundo está tolo, tolo, tolo || Man Who Runs Over Hat || Cameo |- | 1963 || Who's Minding the Store? || Norman Phiffier || |- | 1964 || The Patsy || Stanley Belt / Singers of the Trio || Tamén director |- | 1964 || The Disorderly Orderly || Jerome Littlefield || |- | 1965 || The Family Jewels || Willard Woodward / James Peyton / Everett Peyton / Julius Peyton / Capt. Eddie Peyton / Skylock Peyton / 'Bugs' Peyton || Tamén director |- | 1965 || Boeing Boeing || Robert Reed || |- | 1966 || Tres nun sofá || Christopher Pride / Warren / Ringo Raintree / Rutherford / Heather || Tamén director |- | 1966 || Way...Way Out || Pete Mattermore || |- | 1967 || The Big Mouth || Gerald Clamson / Syd Valentine || Tamén director

| 1968 || Don't Raise the Bridge, Lower the River || George Lester ||

| 1969 || Hook, Line & Sinker || Peter Ingersoll / Fred Dobbs ||

| 1970 || One More Time || Offscreen voice of the bandleader || Tamén director |- | 1970 || Por onde se vai ó frente || Brendon Byers III || Tamén director |- | 1972|| The Day the Clown Cried || Helmut Doork || Tamén director; Filmado en 1971/1972; inédito |- | 1981 || Hardly Working || Bo Hooper||Tamén director. Estreado en Europa en 1980 |- | 1983 || The King of Comedy || Jerry Langford || Filmado en 1981; estreado en Europa en 1982 |- | 1983 || Cracking Up || Warren Nefron / Dr. Perks || Tamén director; estreado en cines en 1985 como Smorgasbord |- | 1984 || Slapstick (Of Another Kind) || Wilbur Swain / Caleb Swain || Estreado en Europa en 1982 |- | 1984 || Retenez Moi...Ou Je Fais Un Malheur || Jerry Logan || Filme francés |- | 1984 || Par où t'es rentré ? On t'a pas vu sortir || Clovis Blaireau || Filme francés |- | 1987 || Fight For Life || Dr. Bernard Abrams || Telefilme da ABC |- | 1989 || Cookie || Arnold Ross || |- | 1992 || Mr. Saturday Night || Guest || Cameo |- | 1994 || Arizona Dream || Leo Sweetie ||Filmado en 1991 e estreado en Europa en 1993 |- | 1995 || Funny Bones || George Fawkes || |- | 2008 || The Nutty Professor || Professor Julius Kelp / Buddy Love (voz) || Secuela animada do orixinal de 1963 |- | 2010 ||Curious George 2: Follow That Monkey!|| Stationmaster || Voz |- | 2011 || Method to the Madness of Jerry Lewis || El mesmo || Documental, tamén produtor |- | 2013 || Max Rose || Max Rose || |- | 2013 || Até que a Sorte nos Separe 2 || Bellboy || Filme brasileiro; actor invitado |- | 2016 || The Trust || ||

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Everybody Loves Somebody Sometime (Especially Himself): The Story of Dean Martin and Jerry Lewis de Arthur Marx, Nova York: Hawthorn Books, 1974, ISBN 978-0-8015-2430-1. The Jerry Lewis Films de James L. Neibaur e Ted Okuda. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1994, ISBN 0-89950-961-4 King of Comedy: The Life and Art of Jerry Lewis de Shawn Anthony Levy. Nova York: St. Martin's Press, 1997, ISBN 978-0-312-13248-4 That Kid: The Story of Jerry Lewis de Richard Gehman. Nova York: Avon Books, 1964. Young, Jordan R. (1999). The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age''. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0. Ligazóns externas

Só de tambor (1955) con Buddy Rich en DrummerWorld

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1926 Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2017