Boļeslavs Sloskāns, nado o 31 de agosto de 1893 na parroquia de Stirniene (gobernación de Viciebsk, Imperio Ruso) e finado o 17 de abril de 1981 en Lovaina (Bélxica), foi un bispo da Igrexa Católica Latina, administrador apostólico de Minsk e Mahilioŭ dende 1926 até o seu pasamento. Veneración A súa causa de beatificación comezou na arquidiocese de Malinas-Bruxelas o 15 de abril de 1999, e o 10 de marzo de 2000 comezaron as investigacións diocesanas, obtendo o nihil obstat o 14 de abril. O 20 de febreiro de 2003 a Positio foi presentada á Congregación para as Causas dos Santos en Roma, e o 20 de decembro de 2004 o papa Xoán Paulo II declarouno «Venerable» coa promulgación do drecreto de virtudes heroicas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial da Fundación «Mgr Boleslas Sloskans»

Categoría:Nados en Letonia Categoría:Nados en 1893 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Letonia Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Finados en 1981 Categoría:Venerados pola Igrexa católica Categoría:Alumnos da Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo