Virxe do Rosario co Neno (en ) é unha pintura ó óleo sobre lenzo realizada polo pintor sevillano Bartolomé Esteban Murillo entre os anos 1650 e 1655. Atópase na colección permanente do Museo do Prado (Madrid) e está clasificada co número P00975. Anteriormente estivo no Mosteiro do Escorial –polo que tamén é coñecida como Virxe do Escorial– e no Palacio Real de Madrid. Versións semellantes á que se exhibe no museo do Prado hai outras tres, repartidas por diferentes museos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Museo do Prado
Ligazóns externas Ficha no Museo do Prado
Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Pintura do Barroco Categoría:Obras pictóricas de Murillo