Abel Molinero Pons, nado o 28 de abril de 1989 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como extremo esquerdo no Fuenlabrada da Segunda División B.
Traxectoria Nado en Madrid, Abel Molinero formouse na canteira nun dos principais equipos da súa cidade natal, o Club Atlético de Madrid. Con 18 anos debuta no fútbol sénior co terceiro filial do equipo, o Atlético de Madrid C, equipo no que permanece até 2010 xogando 71 partidos de liga. Posteriormente comeza a participar co segundo equipo, o cal participaba na Segunda División B. No ano 2011 asino coa Unión Deportiva Almería, equipo no que se reparte entre o filial de Segunda B e o equipo principal que participaba na Segunda División. Na seguinte temporada, xa como membro permanente do primeiro equipo consegue o ascenso á Primeira División, aínda que no verán asina polo Real Jaén, equipo co que non chega a xogar a debutar. Finalmente sería transferido ao San Fernando Club Deportivo da Segunda B, equipo no que realiza un bo ano. Isto chama a atención do Guadalajara, que tenta formar un proxecto para retornar á categoría de prata. No equipo castelán convértese nun dos principais xogadores, conseguindo anotar 12 goles na competición. O 13 de xullo de 2015, o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia a contratación do xogador castelán para a tempada 2015-16 por unha temporada con opción a dúas.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesAtlético CTerceira2007-2008103Atlético CTerceira2008-2009284Atlético CTerceira2009-2010173Atlético BSegunda B2009-201061Atlético BSegunda B2010-201191Almería BSegunda B2011-2012315AlmeríaSegunda2011-201240AlmeríaSegunda2012-201380Real JaénSegunda2013-201400San FernandoSegunda B2014142GuadalajaraSegunda B2014-20154413LugoSegunda2015-201671
Títulos Ascenso á Primeira Disivisón (2012-2013)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en Soccer Database
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid C Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores da UD Almería B Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do CF Talavera de la Reina