400px|miniatura|right|O Ag2r-La Mondiale en abril de 2014. O Ag2r-La Mondiale (código UCI: ALM) é un equipo ciclista francés que compite na categoría UCI WorldTour. O equipo foi fundado no ano 1992 co nome de Chanzal. Na actualidade, o Ag2r emprega bicicletas da marca alemá, Focus con compoñentes de Campagnolo.
Historia En 1992, Vincent Lavenu, ciclista recentemente retirado do ciclismo profesional, creou un equipo de ciclismo profesional xunto a Chazal como patrocinador oficial. No último equipo profesional no que militou, Lavenu xa fora patrocinado por Chazal. Chazal continuou vinculado ao equipo até o ano 1995. No ano seguinte (1996), Petit Casino, unha cadea de postos de café en supermercados, fíxose co patrocinio do equipo. En 1997, Casino, a compañía de supermercados que tiña os cafés Petit Casino, fíxose cargo do patrocinio do equipo e o orzamento incrementouse. O equipo de Vincent Lavenu xa podía competir en grandes carreiras ciclistas como as clásicas. Algúns do ciclistas destacados do equipo foron Alexandre Vinokourov, Jaan Kirsipuu e Lauri Aus. miniatura|right|O AG2R Prévoyance no Tour de Francia 2006.
A compañía aseguradora Ag2r Prévoyance converteuse en patrocinador oficial no ano 2000. Na tempada 2006, o equipo uniuse ao UCI ProTour. O AG2R tivo esta oportunidade, xa que o Fassa Bortolo saíu da competición deixando unha licenza libre que o AG2R aproveitou para meterse entre os grandes porque era o único poxador por meterse logo da retirada do Comunidade Valenciá. O primeiro Tour de Francia que disputou o equipo foi o do 2006, no que obtivo éxito cunha vitoria de etapa de Sylvain Calzati e un día de amarelo Cyril Dessel.
No Tour 2014, o Ag2r-La Mondiale obtivo o seu mellor resultado individual na volta, ao lograr que o veterano ciclista francés Jean-Christophe Péraud rematará no segundo caixón da clasificación nos Campos Elisios de París.
Campionatos nacionais
Equipo No 1 de xaneiro de 2015 Ciclista Nacemento Jan Bakelants 14 de febreiro de 1986 Romain Bardet 9 de novembro de 1990 Julien Bérard 2 de xullo de 1987 Carlos Betancur 13 de outubro de 1989 Guillaume Bonnafond 23 de xuño de 1987 Mickaël Cherel 17 de marzo de 1986 Maxime Daniel 5 de xullo de 1991 Nico Denz 15 de febreiro de 1994 Axel Domont 7 de agosto de 1990 Samuel Dumoulin 20 de agosto de 1980 Hubert Dupont 13 de novembro de 1980 Ben Gastauer 14 de novembro de 1987 Damien Gaudin 20 de agosto de 1986 Patrick Gretsch 5 de marzo de 1993 Hugo Houle 27 de setembro de 1990 Quentin Jaurégui 22 de abril de 1994 Blel Kadri 3 de setembro de 1986 Pierre-Roger Latour 12 de outubro de 1993 Julian Kern 28 de decembro de 1989 Sébastien Minard 12 de xuño de 1982 Lloyd Mondory 26 de abril de 1982 Matteo Montaguti 6 de xaneiro de 1984 Rinaldo Nocentini 25 de setembro de 1977 Jean-Christophe Péraud 22 de maio de 1977 Domenico Pozzovivo 30 de novembro de 1982 Christophe Riblon 17 de xaneiro de 1981 Sébastien Turgot 11 de abril de 1984 Johan Vansummeren 4 de febreiro de 1981 Alexis Vuillermoz 1 de xuño de 1988
Véxase tamén Outros artigos UCI World Tour
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos ciclistas