Luis Felipe Serrate, nado en Huesca o 5 de abril de 1962, é un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Huesca, cargo que xa ocupou entre 2010 e 2011.

Biografía Voceiro do Grupo Municipal Socialista na Casa do Concello oscense e voceiro do Grupo Socialista da Deputación Provincial de Huesca. Secretario xeral do PSOE na cidade, pertence á Executiva Provincial do partido como secretario de Participación Cidadá e Movementos Sociais. Coordinou diversas campañas electorais da Agrupación Local de Huesca.

Comezou moi novo en política. A partir de 1979, implícase na xestación e desenvolvemento do PSOE nos ámbitos comarcais. Foi concelleiro de Castejón de Monegros (Huesca), de 1999 a 2003. Dende 2003 é concelleiro no de Huesca.

É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, ademais de diplomado en Traballo Social. Pertence ao corpo técnico da Fundación Municipal de Servizos Sociais do Concello de Huesca. Cursou o programa de doutoramento en Estado Social e Suficiencia Investigadora na Universidade Pontifica de Salamanca.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web

Categoría:Alcaldes de Huesca Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Huesca Categoría:Nados en 1962 Categoría:Políticos de Aragón Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca