Edgar Neville Romrée, Conde de Berlanga de Duero, nado en Madrid o 28 de decembro de 1899 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1967 foi un dramaturgo e director de cinema español, membro da "outra" Xeración do 27.
Traxectoria Neville naceu en Madrid, fillo de Edward Neville Riddlesdale, enxeñeiro inglés que foi o director da súa propia compañía de enxeñaría en España, Julius G. Neville & Co, Liverpool, máis tarde a Anglo-Spanish Motor Company. A súa nai foi Mary Romrée y Palacios, filla dos condes de Berlanga de Duero.
Durante a década de 1930 viviu en Hollywood, cando se rodaban versións en castelán dos filmes en inglés dos estudios. Escribiu diálogos para a Metro-Goldwyn-Mayer e conseguiu éxito pola adaptación de The Big House, de George Hill (1930).
Durante a Guerra Civil Española dirixiu curtametraxes de propaganda para o bando franquista e tamén dirixiu tres filmes en Roma.
Os filmes que dirixiu nas décadas de 1940 e 1950 mesturaban realismo e romanticismo.
Filmografía
El presidio (1930) Yo quiero que me lleven a Hollywood (1931) Do, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si, o La vida privada de un tenor (1934) El malvado Carabel (1935) La señorita de Trévelez (1936) Juventudes de España (1938) La Ciudad Universitaria (1938) - documental Vivan los hombres libres (1939) Santa Rogelia (1939) Frente de Madrid (1939) Verbena (1941) Sancta Maria (1942) La parrala (1942) Correo de Indias (1942) Café de París (1943) La torre de los siete jorobados (1944) Domingo de carnaval (1945) La vida en un hilo (1945) El crimen de la calle Bordadores (1946) El traje de luces (1946) Nada (1947) El marqués de Salamanca (1948) El señor Esteve (1948) El último caballo (1950) Cuento de Hadas (1951) El cerco del diablo (1951) Duende y misterio del flamenco (1952) La ironía del dinero (1955) El baile (1959) Mi calle (1960)
Bibliografía Don Clorato de Potasa (1929) Margarita y los hombres (1934) El baile (1952) La niña de la calle del Arenal (1953) Torito bravo (novela, 1955) Mi España particular (libro de viaxes, 1957) La piedrecita (obra en tres actos, 1957) Alta fidelidad (obra cómica en dous actos, 1960) Flamenco y cante jondo (1963) Las terceras de ABC (recompilación de artigos publicados no ABC, editados póstumamente por Editorial Prensa Española en 1976)
Véxase tamén Bibliografía María Luisa Burguera Nadal, Edgar Neville: entre el humorismo y la poesía, Servizo de Publicacións, Deputación Provincial, Málaga, 1994. María Luisa Burguera Nadal, Edgar Neville. Entre el humor y la nostalgia. Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 1999. Felix Monguilot Benzal, Volver al frente: reconstrucción de la película Frente de Madrid (1939) de Edgar Neville, in Juan A. Ríos Carratalá (ed.), “Universo Neville”, Instituto Municipal del libro, Málaga, 2007, pp. 145 – 166. Julio Pérez Perucha, El cinema de Edgar Neville, 27 Semana Internacional de Cine, Valladolid, 1982.
Ligazóns externas
Páxina oficial de Edgar Neville Filmografía de Edgar Neville, New York Times; consultado o 29 de outubro de 2014.
Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Españois de ascendencia inglesa Categoría:Premio Fastenrath