San Bernabeu da Graña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 260 habitantes (135 mulleres e 125 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 135 habitantes, sendo 68 homes e 67 mulleres.
Xentilicio O seu xentilicio é grañudo/a.
Topónimo O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola rexida por un monxe labrego ou mestre.
Os vendedores ambulantes da parroquia falaban a xerga coñecida como barallete dos grañudos.
Lugares e parroquias Lugares da Graña
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo Ligazóns externas
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bernabeu Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía