Bieito Pérez Outeiriño, nado na Mezquita (A Merca) o 5 de setembro de 1954, é un arqueólogo, profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Arqueoloxía) pola Universidade de Valladolid (1989). É membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado dende 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida (1987-1993), xefe do servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1993), subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (1993-1998) e dende 1998 ata decembro do 2017 director do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Investiga sobre a ourivería prehistórica do noroeste peninsular, a xestión do patrimonio cultural e os museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las (Ourense) e na Alcazaba de Mérida (Badaxoz), e participou en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo.

Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e do que se encargou do expediente para a declaración da Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade. En 2018 foi galardoado co premio Manuel Iglesias por parte da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo e na actualidade preside o Grupo Marcelo Macías.

Obras De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982. Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 (en colaboración). Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Directores de museos Categoría:Nados na Merca Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid