Lyriothemis acigastra é unha especie de libélula da familia Libellulidae presente na India. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza tamén cita capturas moi antigas desta especie en Birmania, a China e o Tíbet.http://www.iucnredlist.org/details/163701/0
O xénero Lyriothemis comprende 15 especies e está moi estendido por Asia. Tres especies deste xénero están presentes na India: L. cleis, L. tricolor e L. acigastra. Críase que as tres estaban restrinxidas á rexión noroeste do país, nos estados de Assam e Bengala Occidental, pero en 2013, L. acigastra foi rexistrada no estado meridional de Kerala. Pouco se sabe sobre a ecoloxía ou hábitat desta especie, o cal en boa medida se debe á súa rareza e natureza reservada. Os espécimes rexistrados en 2013 atopáronse en arbustos preto de pantanos de auga doce e regatos. Os individuos xeralmente son máis activos polo serán e pola mañá. Os machos descansan a unha altura de arredor de 8 a 10 m do chan, e depredan bolboretas Hesperiidae e avelaíñas.
A especie lembra moito á especie de Sri Lanka L. defonsekai, descrita en 2009.
Notas
Categoría:Odonatos Categoría:Animais descritos en 1878