miniatura|220px|Hippoglossus stenolepis. miniatura|220px|Reinhardtius hippoglossoides. A dos hipoglosinos (Hippoglossinae) é, para algúns autores, como os do SIIT e a EOL, unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e familia dos pleuronéctidos.Pleuronectidae no SIIT.Hippoglossinae na EOL.

Porén, outras autoridades e bases de datos, como o WoRMS e a FishBase, consideran aos xéneros deste grupo como integrados na subfamilia dos pleuronectinos.Pleuronectinae Rafinesque, 1815 no WoRMS.Family Pleuronectidae en FishBase.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, os da subfamilia dos pleuronectino teñen un corpo aplanado, asimétrico, e os seus ollos están no mesmo lado do corpo.

Clasificación Segundo o SIIT e a EOL, a subfamilia está composta por catro xéneros,Hippoglossinae no SIIT. que comprenden seis especies actualmente existentes. Subfamilia Hippoglossinae Clidoderma Bleeker, 1862 - 1 especie Clidoderma asperrimum (Temminck & Schlegel, 1846) Hippoglossus Cuvier, 1816 - 2 especies Hippoglossus hippoglossus (Linnaeus, 1758) - o halibut.halibut no Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2009. Hippoglossus stenolepis Schmidt, 1904 - o halibut do Pacífico.Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82. Reinhardtius Gill, 1861 - 1 especie Reinhardtius hippoglossoides (Walbaum, 1792) - o fletán negro.Daviña Facal, Luís (1999): "¿Que peixes son os fletáns?" en Lingua e ciencia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-355-5, pp. 133-134. Verasper Jordan & Gilbert in Jordan & Evermann, 1898 - 2 especies Verasper moseri Jordan & Gilbert, 1898 Verasper variegatus (Temminck & Schlegel, 1846)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Eschmeyer, William N. (1990): Genera of Recent Fishes. San Francisco, CA, USA: California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-23-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos

Ligazóns externas Hippoglossinae na Encyclopedia of Life.

Categoría:Pleuronectiformes