A Vuelta a España 1936 foi a segunda edición da Vuelta a España. A competición ciclista tivo lugar entre o 5 e o 31 de maio de 1936, cun percorrido de 4364 km dividido en 21 tiradas, con saída e chegada en Madrid.

Tomaron a saída 53 corredores, dos cales remataron 26. Entre eses 53 estaban 44 españois, dos cales dous eran galegos: o ponteareán Delio Rodríguez, que rematou no posto 24º, e o cambadés Marcelino Sánchez, retirado na cuarta etapa (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 315-316. ISBN 9788471541161.

O vencedor foi o belga Gustaaf Deloor, que xa gañara a edición anterior. Cubriu a proba a unha velocidade media de 29,068 km/h, e viuse favorecido pola caída na primeira etapa do seu gran rival no ano anterior, Mariano Cañardo. Salvador Molina foi o gañador da clasificación da montaña.

Etapas EtapaDíaPercorridokmGañador da etapaLíder da clasificación xeralLíder da montaña 1.ª 5 de maio Madrid-Salamanca 210 Joseph Huts Joseph Huts Luigi Barral 2.ª 6 de maio Salamanca-Cáceres 214 Gustaaf Deloor Gustaaf Deloor Luigi Barral 3.ª 7 de maio Cáceres-Sevilla 270 Vicente Carretero Gustaaf Deloor Luigi Barral 4.ª 9 de maio Sevilla-Málaga 212 Gustaaf Deloor Gustaaf Deloor Luigi Barral 5.ª 10 de maio Málaga-Granada 132 Vicente Carretero Gustaaf Deloor Fermín Trueba 6.ª 11 de maio Granada-Almería 185 Gustaaf Deloor Gustaaf Deloor Fermín Trueba 7.ª 13 de maio Almería-Alacant 306 Mariano Cañardo Gustaaf Deloor Fermín Trueba 8.ª 14 de maio Alacant-Valencia 184 Antonio Bertola Gustaaf Deloor Fermín Trueba 9.ª 15 de maio Valencia-Tarragona 279 Salvador Cardona Gustaaf Deloor Fermín Trueba 10.ª 17 de maio Tarragona-Barcelona 139 Vicente Carretero Gustaaf Deloor Fermín Trueba 11.ª 18 de maio Barcelona-Zaragoza 293 Alphonse Schepers Gustaaf Deloor Fermín Trueba 12.ª 19 de maio Zaragoza-Donostia 265 Alphonse Schepers Gustaaf Deloor Fermín Trueba 13.ª 21 de maio Donostia-Bilbao 160 Vicente Carretero Gustaaf Deloor Fermín Trueba 14.ª 22 de maio Bilbao-Santander 199 Alfons Deloor Gustaaf Deloor Salvador Molina 15.ª 24 de maio Santander-Xixón 194 Mariano Cañardo Gustaaf Deloor Salvador Molina 16.ª 25 de maio Xixón-Ribadeo 155 Rafael Ramos Gustaaf Deloor Salvador Molina 17.ª 26 de maio Ribadeo-A Coruña 157 Alphonse Schepers Gustaaf Deloor Salvador Molina 18.ª 27 de maio A Coruña-Vigo 175 Vicente Carretero Gustaaf Deloor Salvador Molina 19.ª 29 de maio Vigo-Verín 178 Fermín Trueba Gustaaf Deloor Salvador Molina 20.ª 30 de maio Verín-Zamora 207 Antonio Bertola Gustaaf Deloor Salvador Molina 21.ª 31 de maio Zamora-Madrid 250 Emiliano Álvarez Gustaaf Deloor Salvador Molina

Clasificacións Nesta edición da Vuelta a España disputáronse tres clasificacións: a xeral, a da montaña e a de equipos:

+Clasificación xeral 1. Gustaaf Deloor 150h 07' 54" 2. Alfons Deloor + 11' 39" 3. Antonio Bertola + 17' 54" 4. Julián Berrendero + 23' 14" 5. Antonio Escuriet + 28' 54" 6. Rafael Ramos + 49' 29" 7. Alphonse Schepers + 58' 18" 8. Emiliano Álvarez + 1h 05' 47" 9. Fermín Trueba + 1h 07' 22" 10. Mariano Cañardo + 1h 18' 05" 11 Vicente Carretero 12 Cipriano Elys 13 Francisco Goenaga 14 Salvador Molina 15 Ramón Cruz 16 Joaquín Bailón 17 Bautista Salom 18 Salvador Cardona 19 Miguel Carrión 20 Agustín González 21 Ángel Bértola 22 Luis Esteve 23 Miguel Valero 24 Delio Rodríguez Barros + 4h 05' 39" 25 Benito Cabestreros 26 Ramón Ruiz Trillo

+Clasificación de montaña 1. Salvador Molina 78 puntos 2. Julián Berrendero 72 puntos 3. Fermín Trueba 63 puntos

+ Por equipos 1. Bélxica

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da Vuelta a España

1936 Categoría:Deporte en 1936