Ángel Fernández Posada, coñecido como Ánxel de Cambeses, finado en Vigo en febreiro de 1981, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Pertenceu á Sociedad Agrícola de Lavadores e foi un divulgador dos temas agrarios. Colaborou en El Tea, El Emigrado e A Nosa Terra e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Lavadores. Foi presidente da Federación Galega de Atletismo en 1933.El Pueblo Gallego, 24-1-1933, p. 8. Publicou en 1936 Libro de divulgación sobre Avicultura y Cunicultura.El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 2. No franquismo foi Prohombre da Hermandad de Labradores y Ganaderos de Vigo. Finou en Vigo a finais de febreiro de 1981.Faro de Vigo, 1-3-1981, p. 61.

Vida persoal

Casou con Victoria Garrido García,El Pueblo Gallego, 14-2-1963, p. 5. e foi pai de Leonor Fernández Garrido.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1981