As ranunculáceas (Ranunculaceae) son unha familia de anxiospermas da orde Ranunculales. Consta de 54 xéneros cunhas 2525 especies, presentando unha distribución practicamente cosmopolita.
A orde á cal pertence esta familia está á súa vez incluída na clase Magnoliopsida (Dicotiledóneas): desenvolven polo tanto embrións con dous ou máis cotiledóns.
Ranunculaceae posúe distribución case cosmopolita, concentrada no Hemisferio Norte, incluíndo cerca de 50 xéneros e 2000 especies.
Diversas ranunculáceas son utilizadas como ornamentais en todo o mundo, como Anemone hupehensis, a herba dos pitos (Aquilegia vulgaris), as clemátides (Clematis spp.), a esporiña (Consolida ajacis), a esporiña xigante (Delphinium elatum) e a ficaria (Ficaria verna).
Xéneros miniatura|esquerda|Herba sardoa (Ranunculus sceleratus). Aconitum Actaea Adonis Anemone Anemonella Aquilegia Caltha Cimicifuga Clematis Consolida Coptis Delphinium Enemion Eranthis Ficaria Glaucidium Helleborus Hepatica Hydrastis Isopyrum Myosurus Nigella Pulsatilla Ranunculus Thalictrum Trautvetteria Trollius Xanthorhiza e outros.
Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Ranunculaceae é o nome dunha orde botánica da clase Dicotyledones, Monoclinae (flores hermafroditas ), Polypetalae ( corola con dúas ou máis pétalos) e estames hipoxínicos (cando os estames están inseridos baixo o nivel do ovario). Esta orde no Sistema de Jussieu presenta 24 xéneros.
Notas
Orde Ranunculaceae en Jussieu, Antoine Laurent de (1789). "Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam" Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre Ranunculales - Angiosperm Phylogeny Website Imaxes e descrición de familias de anxiospermas - segundo sistema Cronquist