Snowpiercer (, Seolgungnyeolcha) é un filme surcoreano de ciencia ficción baseado na novela gráfica francesa Le Transperceneige de Jacques Lob e Jean-Marc Rochette. O filme foi dirixido por Bong Joon-ho, Consultado o 30 de xuño de 2011 e escrito por Bong e Kelly Masterson. O filme foi o primeiro de Bong en inglés; aproximadamente o 80% do filme foi rodado nesa lingua. Está protagonizado por Chris Evans, Song Kang-ho, Tilda Swinton, Jamie Bell, Octavia Spencer, John Hurt e Ed Harris.
Sinopse A historia ten lugar nun tren Snowpiercer que contén os últimos superviventes da humanidade despois de que esta case desaparecese case por completo por mor de tentar o cambio climático. Curtis Everett (Chris Evans), un membro da sección de cola, lidera unha revolución contra a elite do tren.
Personaxes Chris Evans como Curtis Everett Song Kang-ho como Namgoong Minsu Tilda Swinton como Ministra Mason Jamie Bell como Edgar Octavia Spencer como Tanya Ewen Bremner como Andrew John Hurt como Gilliam Ed Harris como Ministro Wilford Go Ah-sung como Yona Luke Pasqualino como Grey Adnan Hasković como Franco
Recepción Snowpiercer foi ben acollida pola crítica, que gabou a visión e a dirección do filme, situandoa entre os dez mellores filmes de 2014. Recadou máis de 86 millóns de dólares a nivel mundial. Segundo Rotten Tomatoes, a película conta cun 94% de valoracións positivas da crítica especializada, e un 73% da audiencia. No portal Metacritic conta cun 84 sobre 100 en base a 38 críticas, o que supón unha "aclamación universal".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Bong Joon-ho Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes ambientados en 2031 Categoría:Filmes rodados en Austria Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes postapocalípticos