miniatura|dereita|Imaxe do ollo humano mostrando os vasos sanguíneos da conxuntiva. miniatura|dereita|Hiperemia dos vasos sanguíneos superficiais da conxuniva.

A conxuntiva é unha capa de mucosa transparente que tapiza o interior das pálpebras e cobre a esclerótica anterior (branco dos ollos), chegando ata o limbo corneal, onde empeza a córnea. Está composta por un epitelio columnar estratificado non queratinozado con células caliciformes, de grosor variable segundo a parte da conxuntiva.

Función A conxuntiva axuda a lubricar o ollo ao producir moco e bágoas, aínda que un volume menor de bágoas que a glándula lacrimal.London Place Eye Center (2003). Conjunctivitis . Tamén contribúe á vixilancia inmunitaria e axuda a impide a entrada de microbios no ollo.

Anatomía A conxuntiva divídese en tres partes: Parte Área Conxuntiva palpebral ou tarsal Tapiza as pálpebras. Conxuntiva bulbar ou ocular Cobre o globo ocular sobre a esclerótica anterior. Esta rexión da conxuntiva está estreitamente unida á esclerótica subxacente pola cápsula de Tenon e móvese xunto cos movementos do globo ocular. Conxuntiva do fórnix Forma a unión entre as conxuntivas bulbar e palpebral. Forma uns pregamentos profundos entre as pálpebras e o globo ocular, que son os fórnices superior e inferior. Esta zona é frouxa e flexible, e permite o libre movemento das pálpebras e o globo ocular.Eye, human Encyclopaedia Britannica

Innervación sensorial A innervación sensorial da conxuntiva divídese en catro porcións:

Área Nervio Superior Nervio supraorbital Nervio supratroclear Nerviol infratroclear Inferior Nervio infraorbital Lateral Nervio lacrimal (con contribución do nervio cigomaticofacial) Circumcorneal Nervios ciliares longos

Histoloxía A conxuntiva consta tanto de epitelio escamoso estratificado non queratinizado (na zona do limbo corneal) coma de epitelio columnar estratificado non queratinizado (noutras partes), con células caliciformes dispersas. A capa epitelial contén vasos sanguíneos, tecidos fibrosos, e canais linfáticos. Nalgunhas zonas presenta invaxinacións con células mucosas, que se interpretan como glándulas lacrimais accesorias da conxuntiva, que producen constantemente a porción acuosa das bágoas. Outras células presentes no epitelio conxuntivo son melanocitos, linfocitos T e B. A lámina propia da conxuntiva é de tecido conxuntivo denso.

Enfermidades e trastornos Os trastornos da conxuntiva e a córnea son trastornos oculares comúns.

A superficie do ollo está exposta a varias influencias externas e é especialmente susceptible a traumas, infeccións, irritacións químicas, reaccións alérxicas e sequidade ocular (queratoconxuntivite seca).

A conxuntiva pode inflamarse debido a unha infección ou unha resposta autoinmune. Isto denomínase conxuntivite.

A irritación conxuntiva pode ocorrer por diversas razóns, como a sequidade dos ollos ou a sobreexposción a compostos orgánicos volátiles.

A leptospirose (infección por Leptospira) pode causar sufusión conxuntiva, que se caracteriza por quemose (inchamento), e ollos avermellados sen exsudados.

Coa idade, a conxuntiva pode estirarse e afrouxarse da esclerótica subxacente, o que orixina a formación de pregamentos da conxuntiva, unha condición chamada conxuntivocalase.WL Hughes Conjunctivochalasis. American Journal of Ophthalmology 1942

A conxuntiva pode ser afectada por tumores que poden ser benignos, pre-malignos ou malignos.Biswas, J.; Varde, M. (2009). "Ocular surface tumors". Oman Journal of Ophthalmology 2: 1. doi:10.4103/0974-620X.48414.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Medicinenet.com (1999). Conjunctiva . MedEd at Loyola medicine/pulmonar/images/anatomy/eyeli.jpg imaxe

Categoría:Ollo