Antón Blanco Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 9 de xaneiro de 1996, é un poeta galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi primeiro premio de poesía na XLII edición dos Premios Minerva. Ten publicado poemas nas revistas Dorna e Grial. En xuño de 2016 publicou o seu primeiro poemario, A oseira, sendo o primeiro número da editorial Chan da Pólvora.
Formou parte do grupo de música experimental Canino e tocou a batería no grupo Atrás Tigre. É profesor de educación secundaria.
Obras Poesía A oseira (2016). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788494570100. Tres estudos para un poema da cidade (2018). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-155-7. Voz do arqueiro (2020). Santiago: Chan da Pólvora.Voz do arqueiro 54 páxs. ISBN 978-8412222166. Voz do arqueiro / Voz del arquero (2023). Ultramarinos. 100 páxs. ISBN 978-84-125840-5-9. Tradución do galego de Oriana Méndez. Bosque (2025). Vigo: Galaxia. 70 páxs. ISBN 978-84-1176-414-8.
Ensaio
Ensaio sobre o poema e o mar da morte (2020). Vigo: Euseino? Obras colectivas No seu despregar, 2016, Apiario. 13. Antoloxía da poesía galega próxima, 2017.
Premios XXXII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2019 por Voz do arqueiro.
XVI Premio de poesía Victoriano Taibo 2024 por Bosque.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia Ficha do autor en Euseino?
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1996 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón