San Miguel de Curantes é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña unha poboación de 204 habitantes (114 mulleres e 90 homes), distribuída en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 448 persoas.

Xeografía O río Curantes, afluente do Liñares, forma un espazo natural onde se atopan dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga foron aproveitados para a instalación de muíños. O val nas ladeiras do monte de San Sebastián foi declarado de Interese Paisaxístico.

Patrimonio Casa de Recarei. Cruceiro en Pousada. Muíño no picho de Curantes.

Hórreos Hórrea na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello. Hórrea da Pica en Curantes.

Festas Na Carballeira de Pousada celébrase a Romaría Interxeracional dos Pereiriños, como homenaxe ao labor cultural e económico dos emigrantes que a principios do século XX crearon as Sociedades de Instrución para construír escolas en Galicia. A súa orixe remóntase a 1916 cando se fixo o primeiro certame escolar na carballeira co obxectivo de incentivar a asistencia dos nenos á escola; foi organizado polo Sindicato Agrario de Pardemarín, con fondos dos emigrantes de América.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Curantes

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel