A Notícia de Fiadores é un pequeno texto en galego-portugués inserido nun pergamiño con outros tres documentos, conservado no Arquivo Nacional Torre do Tombo, en Lisboa.

A súa datación, 1175, tórnao o posíbel candidato ao título de documento máis antigo escrito na lingua galaico-portuguesa que chegou até a actualidade, se ben o Pacto dos irmãos Pais poder ser anterior.

Texto O texto rexistra os nomes dos fiadores de Paio Soares Romeu e remata cunha curta frase en galego-portugués:

Isto quere dicir algo coma "Estes fiadores dentro de cinco anos esixirán o que lles debo". Notas

Categoría:Manuscritos en galego-portugués