Jahlil Obika Okafor, nado o 15 de decembro de 1995 en Chicago, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como pivote para os Zhejiang Lions da Chinese Basketball Association (CBA). Formado na Universidade de Duke, foi a terceira elección do Draft da NBA de 2015.

Traxectoria Primeiros anos Nado en Chicago, Illinois, Jahlil Okafor é fillo de Chukwudi Okafor, de ascendencia nixeriana, e Dacresha Lanett Benton. Na súa mocidade, Okafor foi constantemente trasladado entre a casa da súa nai en Moffett, Oklahoma e a casa do seu pai en Chicago. Aos nove anos a súa nai enfermou de bronquite, causando que un dos seus pulmóns sufrise un colapso, falecendo dúas semanas máis tarde. Okafor foi entón morar co seu pai no South Side de Chicago antes de trasladarse a Rosemont, onde asistiu á "Rosemont Elementary". O axuste foi difícil porque era tímido e tan alto que os demais estudantes pensaron que fora posto na aula por ter fracasado. En novembro de 2008, durante o sétimo grao igualou a estatura do seu pai de 1,96 metros. Máis tarde, a familia volveu ao South Side para que puidese asistir ao instituto "Whitney Young".

En oitavo grao con 2,01 metros de estatura, Okafor foi recrutado polo equipo universitario de baloncesto da Universidade de DePaul en violación das regras de recrutamento da National Collegiate Athletic Association (NCAA). A violación baseábase nos comentarios públicos do director de deportes de DePaul, Jean Lenti Ponsetto, sobre unha oferta. Tales comentarios non foron permitidos pola NCAA. Ese ano, venceu ao seu pai nun partido de baloncesto "un contra un" por primeira e última vez.

Profesional O 25 de xuño de 2015, Okafor foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Philadelphia 76ers. O 7 de xullo de 2015, asinou un contrato de dous anos cos Sixers.

O 7 de decembro de 2017, Okafor foi traspasado xunto a Nik Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Brooklyn Nets, a cambio de Trevor Booker.

O 9 de agosto de 2018, Okafor asinou cos New Orleans Pelicans. O 20 de xuño de 2019, os Pelicans decidiron activar a opción de equipo sobre Okafor e quedar co xogador unha tempada máis.

O 1 de decembro de 2020, Okafor asinou cos Detroit Pistons.

O 4 de setembro de 2021, Okafor foi traspasado xunto a Sekou Doumbouya ós Brooklyn Nets a cambio de DeAndre Jordan. O 9 de setembro, Okafor foi cortado polos Nets. O 22 de setembro de 2021, Okafor asinou cos Atlanta Hawks, pero foi cortado o 11 de outubro de 2021.

O 17 de xullo de 2023, Okafor asinou co Basket Zaragoza da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Zhejiang Lions Categoría:Xogadores dos Capitanes de Ciudad de México Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002