San Miguel de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 359 habitantes (184 mulleres e 175 homes), distribuídos en 9 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 470 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 252 persoas.
Patrimonio Igrexa de San Miguel de Moreira, románica (existen datos de 1266) aínda que moi modificada. Ten unha ábsida rectangular, a súa planta reformada, presenta forma de cruz latina; na ábsida hai restos dun fresco con figuras debuxadas de finais do século XVI. Destaca a colección de canzorros con figuras humanas, monstros e cabezas de animais. Hórrea de Vilagude. Hórrea do cura na Pica.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Moreira
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares da Estrada
Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel