Para o club de fútbol lucense fundado en 1991 véxase: Polvorín Fútbol Club.

O Club Deportivo Polvorín foi un equipo de fútbol galego da cidade de Lugo. Fundado en 1946 e desaparecido en 1953 foi o xermolo, xunto coa Sociedade Ximnástica Lucense, do actual Club Deportivo Lugo. Chegou a competir durante dúas temporadas na Terceira División (daquela terceira máxima categoría).

Historia miniatura|Xogador do Polvorín En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 é fundado o Club Deportivo Polvorín, o cal recibía o nome do campo do Polvorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).

Entrados os anos 1950 o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á Terceira División, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como presidente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez fíxose cargo do club.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Club Deportivo Lugo Sociedade Ximnástica Lucense Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín

Ligazóns externas Sitio web oficial do C.D. Lugo O Polvorín en La Futbolteca Datos da Ximnástica en AREFE Regional Historia do fútbol en Lugo a través dos terreos de xogo

Categoría:Deporte en Lugo Categoría:Equipos de fútbol de Galicia desaparecidos Categoría:CD Lugo