O licio é unha lingua da familia indoeuropea, e máis precisamente da rama anatolia, falada nos séculos -V e -IV, coñecida esencialmente por unha estela descuberta en Xanthos, onde se lía unha inscrición trilingüe en grego, arameo e licio. O licio deriva do luvita e distínguense xeralmente dúas formas desta lingua:
o milio ou licio B, máis arcaico e que conservou numerosos trazos do luvita, coñecido por un número reducido de inscricións; o licio ordinario ou licio A, máis recente e que conforma a maioría das inscricións.
Esta lingua testemúñase na costa sur da Turquía moderna e nos se estinguíu, substituída polo grego, ata o século primeiro antes da nosa era. Utiliza o seu propio alfabeto, o alfabeto licio, que é un derivado do alfabeto grego.
Véxase tamén Outros artigos lingüística linguas do mundo linguas indoeuropeas linguas anatolias
Categoría:Linguas anatólicas Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas antigas