A Igrexa Metodista Unida é unha denominación metodista. Fundada en 1968 coa unión da Igrexa Metodista dos Estados Unidos de América e da Igrexa dos Irmáns Evanxélica Unida, ten as súas raíces no avivamento de John e Charles Wesley en Inglaterra e no Grande Espertamento nos Estados Unidos. A súa orientación teolóxica é wesleyana.

A IMU é a maior denominación metodista, con arredor e 12 millóns de fieis a nivel mundial, dos que 7,7 están nos Estados Unidos e 4,4 no resto do mundo.

Categoría:Denominacións protestantes