Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.

Topónimo Nesta parroquia houbo dúas igrexas moi próximas e de igual categoría, unha consagrada a San Vicente e outra a Santa María.

Patrimonio A igrexa de Santa María de Dúas Igrexas é de orixe románica. A ábsida construíuse en 1742 e cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.

Lugares e parroquias Lugares de Dúas Igrexas

Parroquias de Forcarei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Forcarei

Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía