O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de , celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 19 de outubro de 1985. Foi a décimo quinta rolda da tempada de Fórmula Un de . Foi o 31º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo sétimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Disputouse sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 309 quilómetros.

Boicot

A carreira estivo marcada porque algúns equipos intentaron boicotear o evento debido ao apartheid, a segregación de negros negros e brancos, e foi a última carreira de Fórmula Un en Suráfrica ata que terminou o apartheid en 1992. A carreira foi gañada por Nigel Mansell nun Williams, quen tamén logrou a pole position.

O evento foi boicoteado por varios equipos de Fórmula Un, a saber Ligier e Renault debido as crecentes presións internacionais contra tolerar o sistema de apartheid do país. Os equipos franceses Ligier e Renault estaban ombreiro con ombreiro co boicot do goberno francés ás sancións a Suráfrica, aparentemente fixerono baixo presión. A maior parte dos pilotos de Fórmula Un, incluíndo a Alain Prost, Niki Lauda e Nigel Mansell estaban persoalmente moi en contra das carreiras en Suráfrica, pero os pilotos sabían que foran contratados para pilotar en todos os Grandes Premios, e que tiñan que competir en Kyalami.

Algúns gobernos trataron de obrigar aos seus pilotos a non participar na carreira. As sancións do Brasil a Suráfrica case impediron a participación de Nelson Piquet e Ayrton Senna na carreira.

Finlandia e Suecia tiveron reservas similares con respecto ao finés Keke Rosberg e o sueco Stefan Johansson. A Federación Nacional do Automóbil de Suecia anunciou que Johansson non podía competir en Suráfrica antes do evento, pero disputou a carreira.

Ayrton Senna cambiou de opinión sobre o seu boicot persoal á carreira, dicindo que participaría na carreira se o seu equipo Lotus participaba. O equipo participou e el tamén, retirándose fóra dos puntos.

Este foi o final do Gran Premio de Suráfrica ata que terminou o apartheid, co presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciando días despois da carreira que o gran premio non regresaría ao país debido ao apartheid.

O Gran Premio de Suráfrica só volvería en 1992, despois de que terminara o apartheid, nunha nova configuración do circuíto de Kyalami. Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault V10, tamén gañou a carreira cando regresou o Gran Premio ao calendario en .

Clasificación Cualificación

Pole position went to Nigel Mansell, averaging 236´898 km/h. Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza 1 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:03.188 1:02.366 — 2 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:03.844 1:02.490 +0.124 3 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:03.073 1:02.504 +0.138 4 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:04.517 1:02.825 +0.459 5 8 Marc Surer Brabham-BMW 1:05.411 1:04.088 +1.722 6 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:04.611 1:04.129 +1.763 7 19 Teo Fabi Toleman-Hart 1:06.083 1:04.215 +1.849 8 1 Niki Lauda McLaren-TAG 1:05.357 1:04.283 +1.917 9 2 Alain Prost McLaren-TAG 1:05.757 1:04.376 +2.010 10 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:05.079 1:04.518 +2.152 11 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 1:06.546 1:04.780 +2.414 12 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:06.386 1:04.948 +2.582 13 20 Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 1:07.800 1:05.114 +2.748 14 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:07.159 1:05.260 +2.894 15 27 Michele Alboreto Ferrari 1:05.268 1:05.757 +2.902 16 28 Stefan Johansson Ferrari 1:05.406 1:05.388 +3.022 17 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 1:06.709 1:05.649 +3.283 18 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 1:07.935 1:06.205 +3.839 19 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:10.025 1:08.658 +6.292 20 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1:09.904 1:09.873 +7.507 NTS 33 Alan Jones Lola-Hart 1:07.144 1:05.731 +3.365

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Nigel Mansell Williams-Honda 75 1:28:22.866 1 9 2 6 Keke Rosberg Williams-Honda 75 + 7.572 3 6 3 2 Alain Prost McLaren-TAG 74 + 1 volta 9 4 4 28 Stefan Johansson Ferrari 74 + 1 volta 16 3 5 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 74 + 1 volta 11 2 6 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 74 + 1 volta 10 1 7 3 Martin Brundle Tyrrell-Renault 73 + 2 voltas 17 Ret 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 52 Motor 6 Ret 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 45 Radiador 20 Ret 1 Niki Lauda McLaren-TAG 37 Turbo 8 Ret 4 Philippe Streiff Tyrrell-Renault 16 Accidente 19 Ret 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 8 Motor 4 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 8 Turbo 15 Ret 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 6 Motor 2 Ret 20 Piercarlo Ghinzani Toleman-Hart 4 Motor 13 Ret 19 Teo Fabi Toleman-Hart 3 Motor 7 Ret 8 Marc Surer Brabham-BMW 3 Motor 5 Ret 24 Huub Rothengatter Osella-Alfa Romeo 1 Eléctrico 21 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 0 Colisión 12 Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 0 Colisión 14 NTS 33 Alan Jones Lola-Hart Indisposto 18

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de piloto Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 73 (76) 2 Michele Alboreto 53 3 Ayrton Senna 38 4 Elio de Angelis 33 5 Nigel Mansell 31

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-TAG 90 2 Ferrari 80 3 Lotus-Renault 71 4 Williams-Honda 62 5 Brabham-BMW 26

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Suráfrica Categoría:Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1