Salerno é unha cidade e comuna italiana da rexión de Campania (no suroeste de Italia) e é a capital da provincia homónima. Localízase no Golfo de Salerno do Mar Tirreno.
Historia Foi unha antiga cidade na costa norte do golfo de Paestum, no actual golfo de Salerno. A súa orixe é descoñecida e non se sabe nada do seu período anterior ó romano.
A colonia romana estabeleceuse no -197. Tito Livio menciónaa como Castrum Salerni, o que indica que xa existía unha fortaleza. Algúns picenos (supostamente os das cidades de Picenum que estiveran a prol de Haníbal) estabelecéronse alí. A cidade non acadou demasiada importancia e o territorio foi coñecido como Ager Picentinus e o pobo asentado alí como "picentes".
esquerda|miniatura|300px|Salerno. Na Guerra Social foi ocupada polo xeneral samnita C. Papius, pero é a única vez que o seu nome volve a aparecer na historia. Tiña un bo clima e Horacio di que lla recomendaron pola súa saúde. Foi municipio baixo o Imperio pero conservou o título de colonia de acordo coas inscricións.
Despois da caída do imperio, pasou sucesivamente a mans de Odoacro, os ostrogodos e os bizantinos, e conquistada polos longobardos formou parte do Ducado de Benevento (646). Nesta época foi sede dun bispado.
A guerra civil no ducado de Benevento levou á división do país e ó estabelecemento do Principado de Salern oficializado en 849. Existiu até a conquista normanda en 1077.
No século X tivo unha famosa escola de medicina (Schola Salernitana). A cidade formou parte despois de 1077 do ducado normando de Pulla-Calabria. Posteriormente foi doada ós Colonna, Orsini e Sanseverino, e seguiu o mesmo destino de Nápoles e Dúas Sicilias pasando a Italia en 1861.
Os aliados desembarcaron na cidade en setembro de 1943 e en febreiro de 1944 instaurouse na cidade o goberno do mariscal Pietro Badoglio.
Demografía
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Salerno
Categoría:Cidades de Italia