Na xeometría, os puntos non posúen volume, área, lonxitude ou calquera dimensión semellante. Así, un punto é un obxecto de dimensión 0 (cero). Un punto tamén pode ser definido coma unha esfera de diámetro cero.
Xeometría euclidiana Nos Elementos de Euclides, un punto é definido coma "o que non ten partes". Isto significa que o que caracteriza un punto é a súa posición no espazo. Co xurdimento da xeometría analítica, pasou a ser posíbel referirse a esa posición a través de coordenadas.Descartes, René. La Géométrie (1637). En: Adam, Charles & Tannery, Paul (eds.). Oeuvres de Descartes. Paris: Léopold Cerf, 1897.
Xeometría proxectiva Na xeometría proxectiva, un punto é un elemento dun espazo proxectivo, ou sexa, é unha recta.
Topoloxía En topoloxía, un espazo topolóxico é un conxunto de puntos, aos cales está asociada unha noción de proximidade. Porén, existe unha abordaxe recente da topoloxía, chamada a topoloxía sen puntos, que estuda os espazos topolóxicos sen se referir aos puntos que os constitúen. Esta abordaxe encádrase na teoría das categorías.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Punto impropio
Categoría:Punto xeométrico