O Muro de Berlin (en alemán Die Mauer ou Die Berliner Mauer), foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da posguerra en dúas entidades, a República Federal Alemá (RFA) e a República Democrática Alemá (RDA). Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos de América, e o Bloque do Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa fronte a Unión Soviética.Na RDA foi chamado Antifaschistischer Schutzwall (Barreira antifascista) e en medios occidentais "muro da vergoña".

Características O muro comezou a construírse na madrugada do 13 de agosto de 1961. Estaba formado por 66,5 km de valado metálico, 302 torres de observación, 127 redes metálicas electrificadas con arame e 255 pistas para feros cans de garda.

Consecuencias A construción do muro marcou o inicio do illamento da parte occidental da cidade de Berlín, illada territorialmente do resto de Alemaña Occidental e provocou unha crise na que os EUA crearon unha ponte aérea para o fornecemento da cidade, por decisión do presidente John F. Kennedy.

Vítimas mortais Este muro provocou a morte a 80 persoas identificadas (Chris Gueffroy foi a derradeira), 112 ficaron feridas e millares detidas nas diversas tentativas de o atravesar. Tamén morreron nove gardas fronteirizos da RDA, por disparos de fuxitivos ou de gardas da RFA. Un deles, en maio de 1962, foi o garda alemán-oriental Manfred Weiss, tras recibir catro tiros nas costas. Tres meses despois, o mozo Peter Fechter foi acadado cun tiro na cadeira, logo de ter superado os primeiros obstáculos; estando en "terra de ninguén", nun clima de tensión crecente, non foi socorrido por xente de ningún dos lados da fronteira, o que provocou grande indignación internacional. Ese feito tivo moita repercusión na prensa española, que o usou como propaganda anticomunista. Segundo a lenda, "Libre", cantada por Nino Bravo, estaba inspirada nese suceso, pero un dos autores dixo que en realidade se refería á represión na ditadura de Franco.

A caída do muro de Berlín miniatura|O muro de Berlín preto da Porta de Brandeburgo, con graffiti, unha semana despois da abertura da fronteira (16 de novembro de 1989).|230px|dereita thumb|Graffitis artísticos no muro de Berlín. thumb|Porción do muro de Berlín, en parte destruída, vista dende o lado occidental, cun garda fronteirizo e a porta de Brandeburgo ao fondo (novembro de 1989). O muro de Berlín caeu na noite do xoves 9 ao venres 10 de novembro de 1989, 28 anos despois da súa construción no ano 1961. A abertura do muro, coñecida en Alemaña co nome de die Wende (O cambio), foi consecuencia das esixencias de liberdade de circulación na ex-RDA e as evasións constantes cara ás embaixadas de capitais de países do Pacto de Praga e Varsovia e pola fronteira entre Hungría e Austria, que impuxo menos restricións dende o 23 de agosto. En setembro, máis de 13 000 alemáns orientais emigraron cara a Hungría. Pouco despois comezaron manifestacións masivas en contra do goberno da Alemaña Oriental, especialmente en Leipzig. O líder da RDA, Erich Honecker, renunciou o 18 de outubro de 1989, sendo substituído días máis tarde por Egon Krenz.Noticiario Tagesschau, de ARD, do 18 de outubro de 1989.

Tras o 6 de novembro fíxose público o proxecto dunha nova lexislación para viaxar, que recibiu duras críticas, e o goberno checoslovaco protestou por vías diplomáticas polo aumento da emigración dende a RDA a través de Checoslovaquia. O SED decidiu, o 7 de novembro, regular as viaxes ao exterior, facilitándoas. O 9 de novembro promulgouse un plan que permitía obter pases para viaxes de visita. Elaborouse un modelo no Consello de Ministros, que se decidiu ese mesmo día iñantes das 18:00 e que debía ser publicado e difundido en forma de circular ás 4:00 do día seguinte polas axencias de noticias, aínda que houbo unha obxección ao procedemento por parte do Ministerio de Xustiza. En paralelo, o modelo do Ministerio foi estudado e aprobado no Comité Central.Chronik der Mauer: 9. November 1989.

O membro do Politburó do SED Günter Schabowski anunciou nunha conferencia de prensa, retransmitida en directo pola televisión de Alemaña Oriental, que todas as restricións foran retiradas e, crendo que poderían pasar sen ningún trámite alén, decenas de miles de persoas foron de inmediato ao muro, onde os gardas fronteirizos non se atreveron a disparar e por fin abriron os puntos de acceso. Schabowski acabou a conferencia de prensa ás 18:53. Atopábanse sobre o podio xunto a Schabowski os membros do Comité central do SED Helga Labs, Gerhard Beil e Manfred Banschak. A cuestión remitiuse ás actas da conferencia de prensa.

O correspondente da axencia italiana ANSA, Riccardo Ehrman, preguntou sobre o dereito de viaxe.«El periodista que derribó el Muro con una pregunta». El Mundo. En abril de 2009, Ehrman declarou que iñantes recibira unha chamada telefónica na que se lle dicía que fixese unha pregunta sobre a lei de viaxes:«Ein mysteriöser SED-Anruf beschleunigte den Mauerfall» (En alemán). www.zeit.de.

Referíase a unha lei de permisos de viaxe moi confusa que provocara un éxodo de milleiros de alemáns a través das fronteiras de Checoslovaquia e Hungría. Schabowski sacou uns papeis do peto e repetiu que, para evitar máis leas, os cidadáns da RDA poderían ir ao oeste, esta vez sen pasaporte nin visado: só amosando o carné de identidade ou un documento parecido. Schabowski leu un proxecto de lei do Consello de Ministros que tiña diante ás 18:57:

Á pregunta do xornalista Riccardo Ehrman (díxose que a formulou o reporteiro Peter Brinkmann):

Schabowski botou unha ollada ás súas notas e contestou:

Schabowski cometeu un erro, xa que non leu a segunda páxina do documento, na que se estabelecía que a medida tiña efecto a partir do día seguinte.«Esta noche he abierto el Muro». El Correo.

Grazas aos anuncios das radios e televisións da RFA e Berlín Oeste baixo o título «O Muro está aberto!», moitos miles de berlineses do Leste presentáronse nos postos de control e esixiron pasar tamén. Nin as tropas de control de fronteiras nin os funcionarios do ministerio encargados de regulalas estaban informados. Sen unha orde, baixo a presión da xente, o punto de control de Bornholmerstraße abriuse ás 23:00, seguido doutros puntos de paso, tanto en Berlín como na fronteira coa RFA. Numerosos telespectadores puxéronse en camiño. Malia todo, a verdadeira avalancha tivo lugar á mañá seguinte. Moitos durmiron fóra da casa toda a noite para asistir á abertura da fronteira o 10 de novembro de 1989.

Os cidadáns da RDA foron recibidos con entusiasmo pola poboación do Oeste. A maioría dos bares próximos ao muro daban cervexa gratis e os descoñecidos abrazábanse entre si. Na euforia desa noite, moitos occidentais escalaron o muro. Cando se coñeceu a noticia da abertura, interrompeuse a sesión vespertina do Bundestag en Bonn e os deputados entoaron en forma espontánea o himno de Alemaña.Vídeo en YouTube, Helmut Kohl e a reunificación alemá, minuto 01:35-02:06.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Disolución da Unión Soviética Reunificación alemá Ligazóns externas Geheimsache Mauer - die Geschichte einer deutschen Grenze | 30 Jahre Mauerfall : Documental de Christoph Weinert, de Canal ARTE (en alemán) La construcción del Muro de Berlín (Versión en castelán para RTVE do documental de Christoph Weinert, en youtube.com)

Categoría:Berlín