O Palais des Sports de Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) é un pavillón polideportivo situado na cidade de Limoges, Francia. Foi inaugurado no verán de 1981 e posúe unha capacidade de 5.516 espectadores. Actualmente é o fogar do equipo de baloncesto da LNB Pro A francesa Limoges Cercle Saint-Pierre. O pavillón é coñecido pola súa pecualiar forma, principalmente polo seu teito feito de madeira de carballo.

Historia O Palacio de Deportes está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén doutros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web non oficial

Categoría:Pavillóns de Francia Categoría:Pavillóns de baloncesto de Francia