A dos escandentios (Scandentia) é unha orde de mamíferos placentarios de costumes arborícolas,Scandentia en MSW. coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional como tupaiastupaia no Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio, S. A., 2004. ISBN 84-8289-304-1. ou musarañas arborícolas.Treeshrew, en inglés; musanañas arborícolas, en castelán.
Son animais de pequeno tamaño e aspecto primitivo que viven nas selvas do sueste asiático. Porén, trátase do grupo máis achegado aos primates, despois dos dermópteros.
A orde comprende dúas familias, as dos Tupaiidae e os Ptilocercidae, a primeira con catro xéneros,Tupaiidae en MSW. e a segunda cun.Ptilocercidae en MSW.
Características As tupaias son pequenos mamíferos arborícolas similares en aparencia aos esquíos, que viven actualmente nas selvas do sueste asiático.
Presentan molares dilambodontes, e os seus incisivos superiores son fortes e de forma cónica. O seu intestino está provisto de cego. Mostran algúns trazos que os aproximan aos primates, como o encéfalo relativamente grande e os lóbulos olfactivos pouco desenviolvidos. Os testículos están sempre contidos nun escroto. Os dedos están provistos de garras, co polgar disposto en diagonal.Kowalski, Kazimierz (1981), pp. 279-280.
Estes animais son xeralmente diúrnos, e teñen a visión ben desenvolvida, o que constitúe o principal medio de orientación. Aliméntanse tanto de insectos como de froitos.
Taxonomía Descrición da orde A orde foi descrita en 1855 polo paleontólogo e zoólogo alemán Johann Andreas Wagner, na súa obra Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen.
Etimoloxías O nome da orde, Scandentia, está formado pola raíz latina scandent-, tirada do xenitivo do termo do latín clásico scandēns, -tis, participio do verbo scandō, scandi, scansum, scandere, "rubir", "agatuñar", e a forma -ia, indicando plural, utilizada para formar os nomes das ordes.the Latin word scandentia en myEtymology.
En canto ao nome vulgar tupaia deriva do malaio tupai "esquío" ou "pequeno animal que semella un esquío".Wilkinson, R. J. (1901): A Malay-English dictionary. Kelly & Walsh Limited, Hongkong, Shanghai and Yokohama.
Filoxenia Os membros desta orde consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,"Insectívoros" en Kowalski, Kazimierz (1981), pp. 270-284. e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro, e clasificados como prosimios primitivos.
Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.
Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.Pettigrew, J. D.; Jamieson, B. G.; Robson, S. K.; Hall, L. S,; McAnally, K. I. & Cooper, H. M. (1989): "Phylogenetic relations between microbats, megabats and primates (Mammalia: Chiroptera and Primates)". Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Series B, Biological Sciences, 325 (1229): 489-559.
Cladograma
Clasificación Segundo Mammals Species of the World, a orde comprende dúas familias, cos seguintes xéneros: Orde Scandentia Familia Tupaiidae Xénero Anathana Xénero Dendrogale Xénero Tupaia Xénero Urogale Familia Ptilocercidae Xénero Ptilocercus
Porén, o SIIT outórgalle ao grupo a categoría sistemática de infraclase (mantendo as dúas familias citadas).Scandentia no SIIT.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Kriegs, J. O. et al. (2007): "Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates". Trends Genet. 23 (4): 158–161. Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614. Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.
Outros artigos Mamíferos Euterios Euarcontogliros Euarcontos Taxonomía dos mamíferos
Ligazóns externas Scandentia na ADW. Scandentia na EOL. Order Scandentia Wagner 1855 en Fossilworks.
Categoría:Placentarios